O Couto vive de novo o seu “milagre de primavera”

A aldea pontecesá do Couto celebra xa o trixésimo primeiro ano das Festiletras, unha cita cultural que converte a Ponteceso na capital das Letras Galegas da Costa da Morte e que este ano ten un valor moi especial polos recentes premios recibidos: o da Promoción Cultural, que lle otorgou a Xunta á Fundación Eduardo Pondal; e o de Bergantiñán do Ano, convocado polo Padroado de Carballo. Como vén sendo habitual, o programa das Festiletras 2013... Read More

Premio da Cultura Galega 2012 para a Fundación Eduardo Pondal

A Costa da morte está de noraboa pois a Fundación Eduardo Pondal vén de conseguir o Premio da Cultura Galega 2012 na modalidade de Iniciativas en Prol do Patrimonio Cultural. Como puidemos saber onte á tarde a través da Asociación Cultural Monte Branco O Couto, o galardón recaeu na Fundación Eduardo Pondal “pola súa ampla e constante programación participativa arredor das letras galegas, desenvolvida coa implicación de entidades, axentes... Read More

Novembro de teatro galego

Tralo rotundo éxito do FIOT en Carballo, novembro traénos espectáculos de novo á Costa da Morte cun pequeno ciclo en Ponteceso. Os sábados deste mes están protagonizados polo noso teatro na terra de Pondal. A colaboración entre o concello pontecesán e a A.C. Monte Branco permite que polas táboas da Casa dos Veciños do Couto pasen tres compañías galegas de longo percorrido e un espectáculo de maxia. O vindeiro sábado abre o ciclo a compañía Teatro... Read More

Os pinos responden a Neira Vilas no Couto

Na xornada de hoxe o Outono Pondaliano recibe a Xosé Neira Vilas, que volverá ao Couto para falar sobre o himno galego. O ilustre galeguista xa estivera na aldea nas Festiletras 2012 co gallo da inauguración da exposición “Querido Balbino. 50 anos de Memorias dun neno labrego”. Desta vez visita a terra do bardo para falar da súa composición mais coñecida. Anos despois do seu centenario, o texto d´Os pinos musicado por Pascual Veiga,... Read More

Outubro, mes da literatura na terra de Pondal

Ponteceso volverá a ser a capital literaria do país no outono, tal e como ocorre nas Festiletras. Da man da Fundación Eduardo Pondal, este mes chega cargado de actividades que terán como centro O Couto, a aldea natal do bardo. O eixe central do programa é o XV Simposio Pondaliano, pero as actividades van máis alá para achegar a literatura tanto os docentes como os veciños da zona de todas as idades. Figura que preside a entrada da reitoral... Read More

O concello de Muxía presentou o seu programa cultural e deportivo de verán

O alcalde, a concelleira de cultura e os técnicos responsables das áreas de cultura e deporte na presentación das actividades de verán O concello de Muxía presentou en rolda de prensa a súa axenda cultural e deportiva para este verán. Unha axenda moi completa na que as actividades se desenvolverán dende xuño ata mediados do mes de setembro.  O programa foi presentado polo alcalde de Muxía, Félix Porto; a concelleira de cultura, Amparo... Read More

Así naceu a festa das Letras na aldea do Couto

Con este, xa son 30 os anos das Festiletras. Dende Compás da Costa quixemos facer unha viaxe ao pasado para lembrar como naceu e foi medrando o que xa se coñece como o festival da cultura galega máis consolidado da Costa da Morte. Falamos con Xosé María Varela Martínez, actual presidente da Asociación Monte Branco O Couto, unha das cinco entidades organizadoras. A primeira Festa das Letras tivo lugar durante a mañá do domingo posterior ao... Read More