Andaina para homenaxear a un xenio

O historiador local Roberto Mouzo, afeccionado só por non ter unha carreira, sempre gardou un cariño especial polos espléndidos Penedos de Pasarela e Traba. Durante a súa vida tivo traballado moito pola difusión e protección desta paraxe, xunto co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Un mapa realizado por el mesmo, poucos meses antes do seu falecemento, guía agora ó visitante polo labirinto de máxicas rochas, xunto coa obra recentemente... Read More

A única Paisaxe Protexida da Costa da Morte por fin ten guía

 Na Costa da Morte existe un lugar onde pasean as pantasmas de Frank Sinatra e de Robespierre. Onde hai camelos, osos e sapoconchos xigantes. Onde a antiga cultura dos Moai da Illa de Pascua tamén deixou varias monumentais pegadas. Onde esfinxes e dinosauros conviven con lobos e coellos. Son os Penedos de Pasarela e Traba, a única da Costa da Morte declarada Paisaxe Protexida. A Esfinxe dos Penedos de Pasarela e Traba. /Foto: Manuel Rial/ Hai xa... Read More

“Facer o que aqueles que están obrigados a facelo, non fan”

En decembro de 2008 a Xunta do bipartito declaraba como Paisaxe Protexida aos Penedos de Pasarela e Traba, por mor da ameaza de que se ía instalar alí unha canteira. Pasaron catro anos, e dende aquela o único que pasou no lugar foi que medraron os toxos e as xestas. A Consellería de Medio Ambiente tiña a obriga de aprobar no 2010 un Plan de Conservación da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, pero os papeis deberon quedar nun ficheiro... Read More

Camiño da imaxinación

Pasaron xa catro anos dende que o Goberno Galego decidira coidar das agresións ós Penedos de Pasarela e Traba, declarándoos Paisaxe Protexida. A paraxe ten a honra de compartir unha figura de protección única soamente co Val do río Navea, en Trives. A Xunta asegurara naquel momento que nun máximo de dous anos estaría listo un plan estratéxico para coidar do lugar e preparalo para a súa visita. Un peixe e unha tartaruga miran á Torre da... Read More