O monstro da Gándara

Dende sempre parecéronme curiosas as estruturas de placa e formigón que salpican a xeografía do país. Misteriosas, gardan o segredo de quen se decidiu a crear unha casa que non tiña moi seguro poder rematar. Por que comezaron a construción entón? Houbo algún impedimento legal? Só económico? A que espera o dono para acabar co monstro creado? Nisto todo ía cavilando mentres sobrevoaba a zona da Gándara en Vimianzo, buscando un novo obxectivo... Read More

A aldea que vixía o mar

O vento sopra forte, pero este parece un bo refuxio da costa. Nunha ladeira de gran pendente fronte ao océano, cunha magnífica visión da enseada, comeza a erguerse un edificio con grandes bloques de pedra. Chegar ata aquí foi difícil, pero sen ningunha dúbida é o lugar perfecto. Soedade, illamento, silencio, natureza, mar e terra. Ingredientes perfectos para a vida retirada de oración dun grupo de eremitas da orde de Bieito. Alí constrúen... Read More

Camariñas premia as fotos das redes sociais

O Faro Vilán, o porto de Santa Mariña, o amencer en Monte Branco… A paisaxe de Camariñas é a protagonista dunha iniciativa desenvolvida polo Concello na que se traballa coas redes sociais. Foto premiada no Instagram do Faro Vilán. /Foto: Paula Marzoa/ Os internautas poden envíar fotos do concello do Encaixe tanto por Facebook como por Instagram para participar no concurso “Camariñas, todo o mar”.  Cada semana irase premiando... Read More