As comparsas de Piñata triunfan na Costa da Morte

Ademais dos numerosos enterros de sardiñas, percebe, Mikaela, Caietano e Farruco, o sábado foi día de concursos de Entroido na Costa da Morte. O último celebrouse en Baíñas, cita que conseguiu sorprender pola enorme cantidade de público e as ganas de festa dos seus asistentes. O lacón con grelos e as filloas non faltaron malia estarmos xa en tempos da coresma, e a troula continuou máis aló da medianoite. Houbo premios para disfraces individuais... Read More

Dous exércitos desfilaron polas rúas de Vimianzo no Entroido

Por terra, por mar, e, sobre todo, por aire, chegaron as comparsas da capital soneirá no seu día grande. O Luns de Entroido o protagonista é Vimianzo. Malia a chuvia e ser día laborable xuntouse bastante xente no desfile e aínda máis despois no pavillón, onde se tivo que realizar o concurso. O impresionante conxunto das Danzatecas marcou o paso do desfile ó son dos ritmos marciais da percusión. A comparsa vimiancesa representaba a un exército... Read More