“Recibir apoio das institucións públicas é fundamental para promover a cultura como piar fundamental do desenvolvemento social.” Olga Fidalgo pta da ARCE Pedras Miúdas.

Olga Fidalgo, Presidenta da ARCE Pedras Miúdas Pedras Miúdas nace no ano 2008 en Lires (Cee) co obxetivo de recuperar vellas tradicións como as danzas de arcos ou das patelas, así como para promover a actividade cultural na zona. Ao longo da súa traxectoria vimos como desde a entidade se levaron a cabo diversas iniciativas como exposicións fotográficas, foliadas, xornadas ecolóxicas e deportivas e un longo etcétera. Certo é que co paso do... Read More

A foliada, principal protagonista do VI Mercado das Rutas do Mar

A pasada fin de semana celebrouse en Muxía a sexta edición do Mercado das Rutas do Mar, unha celebración que destaca pola implicación dos veciños. Un ano máis os muxiáns non defraudaron e divertiron aos asistentes coa súa música e coas súas tradicións. Para moitos habitantes do Concello, o mercado xa comeza o venres á tardiña cando acoden ás rúas e prazas a adornar os seus postos nos que durante dous días ofertarán variedade de produtos... Read More

A Mostra Cultural de Brens chega á súa XXVIII edición

O Festival Folclórico de Brens chega a súa XXVIII edición Dende fai xa 28 anos, a Asociación Deportiva e Cultural de Brens, celebra  cada mes de xullo nesta aldea do concello de Cee a súa semana cultural, na que se dan cita o deporte, a música e baile tradicionais e actividades para nenos entre outras. A Mostra Cultural comezou este ano o domingo 15 de xullo cun campionato de pin-pon. A competición, que se celebrou na casa da cultura foi todo... Read More

O folk goza de boa saúde en Lires

Gaiteiros de Pedras Miúdas A asociación Recreativa Cultural e Educativa Pedras Miúdas celebrou a pasada fin de semana a súa III xuntanza folk. Desta vez, a diferenza das anteriores o bo tempo foi o protagonista. O festival comezou arredor das 11 da noite coa actuación das pandereteiras de Pedras Miúdas. Despois sería a quenda da banda de gaitas, tamén de Pedras Miúdas. Agrupación que, por certo, xa leva varios anos en marcha facéndose cada... Read More