Fotogalería “Derrubando muros con pintura”

Con esta galería fotográfica convidámoste a percorrer o “museo” de arte urbana no que se converteu Carballo durante este 2014. E tamén podes ler, se aínda non o fixeches, o artigo que xa publicamos en marzo sobre o proxecto Derrubando muros con pintura.  Até agora, son 17 murais repartidos pola vila coa participación doutros tantos autores, que deixaron a súa pegada persoal nas que antes só eran paredes grises. Se despois de... Read More

‘No paro descubrín que o meu outro traballo, ‘a Arte’, seguía pedíndome que lle adicara máis horas’, Mon Lendoiro.

José Ramón Lendoiro Esmorís (Carballo, 1971). Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño de Gráfica Publicitaria e Ilustración. Mon Lendoiro, que é así como case todos os da vila o coñecemos, acaba de inaugurar Garabato, o seu primeiro obradoiro de belas artes situado nas míticas galerías que unen as rúas Fomento e Igrexa. O horario de apertura ao público é de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30, mais se o día é solleiro a galería... Read More

Un faro de cultura na Costa da Morte

Xa temos falado algunha vez do desaproveitamento das fermosas infraestruturas fareiras que temos na Costa da Morte como espazos para a cultura, e ao mesmo tempo tamén das dificultades que existen para que iso poida pasar actualmente. Excepto Fisterra, que conta cun punto de información turística no lugar, o Faro Vilán é o único faro habitado pola cultura. A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas vén realizando un... Read More

“Na Costa da Morte precisamos unha programación estable de mostras de arte e boas salas”, Viki Rivadulla

Viki Rivadulla pinta desde que era unha nena. “Creo que un artista nace. Aínda que é importante formarse e aprender a pintar ou a esculpir, é preciso ter algo innato”. A responsable das actividades culturais do concello de Muxía comenta ademais que a pintura é a súa forma de entender a vida e que sen ela lle sería moi difícil concibir o día a día. Esta artista muxiá vén de inaugurar en Carballo O meu mar, mostra que reúne o seu traballo... Read More

Obras por descubrir para homenaxear ao pintor Alberto Gende

Por Noelia Antelo e Paula Vázquez. Deseñou coma ninguén a imaxe do Antroido carballés, dos Venres Culturais, do Primavera en Danza, do FIOT e do Festival Sereas e Piratas. Traballou como artista gráfico, pero sempre buscou combinar a súa profesión cunha das súas maiores vocacións: a de ser pintor. Entre outros galardóns, algúns dos seus cadros foron premiados no X Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, unha das convocatorias artísticas... Read More

Un gran fai morea

“Todos e cada un dos distintos estratos do cadro son cadro tamén”. Con esta frase do pintor vimiancés Xurxo Martiño queda resumida a súa obra: un traballo constante e meticuloso que roza o obsesivo nos pequenos detalles. Cada milímetro é perfectamente estudado para conformar unha obra global, que nesta exposición, se centra na arquitectura. Faros, industrias e edificios case en ruínas e aparentemente deshabitados protagonizaron... Read More