“Falamos do aborto con absoluta liberdade, tratando cuestións que tradicionalmente se silencian por incómodas”, Alberte M. e Verónica M.

El: enxeñeiro, poeta e narrador. Ela: poeta, ensaísta e narradora. Alberte Momán (Ferrol, 1976) e Verónica Martínez (Valdoviño, 1976) acaban de gañar o IX Certame de Poesía Illas Sisargas de Malpica polo poemario O episodio, “un cúmulo de impresións, sentimentos e sucesos reais acontecidos durante o período de gravidez até o aborto e as semanas posteriores a este”. Non é a primeira vez que participan neste concurso pero si a primeira... Read More

“Este é un libro sobre o medo, amarrado a unha esperanza desesperada. Un libro de vencidos” Daniel Salgado, autor de Dos tempos sombrizos

O libro Dos tempos sombrizos do lucense Daniel Salgado é o gañador da primeira edición do Premio de Poesía Gonzalo López Abente que organiza a Fundación muxiá que leva este nome. O xurado decidiuno así polo seu claro compromiso anticapitalista e social e pola rica  intertextualidade da obra tanto coa poesía como coa música contemporáneas, e de maneira especial co jazz. Salgado (Monterroso, 1981), licenciado en Ciencias da Comunicación... Read More

Alma rosaliana nun batallón de tecedoras ceibes

O venres á noite o Pazo da Cultura de Carballo acollía un espectáculo para conmemorar o Día Internacional da Muller e ao tempo lembrar a Rosalía de Castro no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. O título escollido por Lumieira, Rosalías. Daquelas que cantan facía presaxiar que non iamos asistir a unha exaltación convencional da nosa poeta fundacional.  O auditorio estaba cheo cando a anfitrioa, Rosalía Fernández Rial,... Read More

“Breizh é un diálogo entre as fisterras atlánticas” Miro Villar

“O haikaísta atento capta a instantaneidade, tal apretar o botón da cámara.” O oitavo mandamento do haikai, de Masuda Goga, deixa ben claro en que consiste este poema. Unha pílula de literatura ben concentrada en tres versos, cunha estrutura de 5/7/5 sílabas. Estrutura que elixe Miro Villar (Cee, 1965) na súa última obra: Breizh (Ed. Toxosoutos, 2012). Nela trata de enlazar as fisterras atlánticas de Galicia e Bretaña cunhas inusuais... Read More

As illas do erotismo aceptan lírica

Co bater das ondas do mar nos primeiros días do outono, a poesía erótica chega a Malpica da man da Asociación Cultural Caldeirón e coa colaboración do concello. Baixo o nome do arquipélago máis coñecido da Costa da Morte chegan á vila dende hai sete anos os versos máis ardentes de calquera punto do país para probar sorte no certame literario. O prazo para recibir as obras estará aberto ata o vindeiro 24 de outubro. Os poemas de temática... Read More

Aberto o prazo para presentar obras ao VI Certame de poesía Antón Zapata

A Concellaría de Cultura e Benestar do concello de Laxe abre a convocatoria para presentar obras ao VI Certame de poesía Antón Zapata García, que permanece dispoñible ata o 20 de agosto. O concurso que honra ao poeta laxense está pensado para autores de calquera procedencia e que usen tanto o galego como o castelan nas súas composicións. A extensión e temática dos traballos é libre, pero deben estar inéditos. Os poetas poden inscribirse... Read More