Agosto musical: Carballeira, Sereas e Piratas, Marea e Valarés

Despois dun mes bailando sen parar en romarías, sesións vermú, verbenas e festivais, no Compás aínda nos quedan folgos para recomendarvos unhas cantas citas no mes de agosto. Velaquí unha selección de festivais de música da Costa da Morte para todos os gustos: folk, rock, pop, indie e ata punk. Pasen, lean, escoiten e escollan. FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS -2 agosto- Na Costa da Morte temos a sorte de contar co segundo festival de música... Read More

Sol, mar, música e maxia de verán no Sereas e Piratas

O cambio de data do Sereas e Piratas supuxo que os festivaleiros da zona despedisen este ano o verán en Razo. O sol fixo presenza na fin de semana e o sábado había unha temperatura agradable para aproveitar os últimos raios para broncearse mentres se gozaba con música en directo nunha terraza ao aire libre. Esa foi a aposta da Asociación Rebeldía, que organizou unha sesión vermú sen carpa para que os asistentes desfrutaran máis aínda contemplando... Read More

“As ganas coas que realizamos este proxecto seguen sendo as mesmas oito anos despois” Bea Fernández, organizadora do Sereas e Piratas

Os albaceteños Chucho, 0s vigueses Wild Balbina, os carballeses Franc3s e Holycrab, así como Músculo! e 4 Waves desde Vilagarcía forman o cartel da oitava edición do Festival Sereas e Piratas que se celebra en Razo (Carballo) o próximo sábado. Fieis á súa aposta polos grupos do país conseguiron sacar adiante un ano máis esta cita coa música independente. Falamos con Bea Fernández, pertencente á Asociación Rebeldía encargada de organizar... Read More

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More

As sereas e os piratas teñen unha nova cita na praia de Razo

Finalmente, o sábado 31 de agosto vaise celebrar en Razo (Carballo) o festival Sereas e Piratas. Trala súa suspensión debido ao accidente de tren de Santiago, os organizadores decidiron seguir traballando para buscar nova data. Así, o último sábado de agosto o cartel permanece igual, coa mesma programación musical e deportiva. Coa deste 2013 que finalmente se vai celebrar xa van oito edicións desta cita coa música independente nacional.... Read More

As sereas e os piratas teñen unha nova cita na praia de Razo

O sábado celébrase en Razo (Carballo) o festival Sereas e Piratas. Xa van, con esta, oito edicións desta cita coa música independente nacional. Posto en marcha pola Asociación Rebeldía, o sábado volve ás súas orixes apostando por grupos galegos e tamén cun cabeza de cartel de relevancia nacional. Falamos da banda Chucho, que volven aos escenarios precisamente tras oito anos fóra dos mesmos. Xunto a eles estarán 4 Waves, que amenizarán... Read More

A praia de Razo soa desde hoxe a PopUp!

Hoxe comeza o PopUp!, festival que este ano celebra a súa primeira edición na praia carballesa de Razo. Parece que o tempo vai acompañar esta fin de semana. O sol recibirá na paraxe de Razo a todos os asistentes aos concertos, a cargo dun total de 12 artistas entre grupos e dj’s, repartidos nos tres días. Recordamos que a entrada é de balde o xoves e o venres, mentres que para entrar ao recinto o sábado custa 18 euros no despacho de billetes. En... Read More

Nace o Festival Pop Up en Razo

O verán está cheo de festivais e a Costa da Morte non é menos. Ás citas de Con V de Valarés, Nordestazo en Malpica, Carballeira de Zas e Sereas e Piratas en Razo, únese este ano o Festival Pop Up, tamén na praia carballesa. De feito, pódese dicir que nace dunha escisión da organización do Sereas do ano pasado. O Pop Up adiántase en datas ao outro festival carballés, pois terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo. Serán tres xornadas que... Read More

O Sereas e Piratas volve ás súas orixes

O próximo 27 de xullo celebrarase a oitava edición do Festival Sereas e Piratas, na praia carballesa de Razo. Neste 2013 os organizadores volven a ser na súa totalidade os membros da Asociación Cultural Rebeldía, coa colaboración do Concello de Carballo. Recordamos que o ano pasado foron dous días de festival con música e actividades deportivas. Así, propoñíase medrar para consolidarse. En cambio, segundo os propios organizadores a experiencia... Read More

Punto final a un verán de festivais

O xeados máis solicitados fóronse esgotando nos bares, o sol foi quentando cada día un pouco menos, as verbenas foron acabando…foi rematando o verán. E os que tamén acabaron foron os festivais, ata o ano que vén. A época estival é propicia para organizar e asisitir a concertos e, se nunha mesma noite son varios mellor. Iso seguro que foi o que pensaron os organizadores dos festivais que na Costa da Morte supoñen citas ineludibles no calendario... Read More

Páxina seguinte »