Andaina para homenaxear a un xenio

O historiador local Roberto Mouzo, afeccionado só por non ter unha carreira, sempre gardou un cariño especial polos espléndidos Penedos de Pasarela e Traba. Durante a súa vida tivo traballado moito pola difusión e protección desta paraxe, xunto co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Un mapa realizado por el mesmo, poucos meses antes do seu falecemento, guía agora ó visitante polo labirinto de máxicas rochas, xunto coa obra recentemente... Read More

Adeus ao Howard Carter de Vimianzo

Unha mañá no estanco da Praza, Roberto contábame que estaba buscando un cervo en Cambeda. Era unha das súas últimas pescudas arqueolóxicas, logo de explicarme que atopara o dolmen máis próximo ó núcleo urbano de Vimianzo nos montes da Cruz de Loureiro, a pouco máis dun quilómetro da vila. Era a mámoa de Prado Garrido, que xa está oculta pola maleza  e bastante desfeita. Grazas a Roberto coñecín o dolmen de Prado Garrido. /Foto: Manuel... Read More

“Facer o que aqueles que están obrigados a facelo, non fan”

En decembro de 2008 a Xunta do bipartito declaraba como Paisaxe Protexida aos Penedos de Pasarela e Traba, por mor da ameaza de que se ía instalar alí unha canteira. Pasaron catro anos, e dende aquela o único que pasou no lugar foi que medraron os toxos e as xestas. A Consellería de Medio Ambiente tiña a obriga de aprobar no 2010 un Plan de Conservación da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, pero os papeis deberon quedar nun ficheiro... Read More

Último día para ver a Exposición das antas

Polas antas e mámoas da Costa da Morte é o título da obra máis coñecida quizais creada polo Seminario de Estudos Comarcais. Xosé María Lema Suárez propón unha viaxe guiada polos dolmens máis representativos da zona, de norte a sur. Un percorrido polos enterramentos dos nosos antergos que comeza cunha introducción explicativa do que é unha anta e a súa contextualización na cultura megalítica. Á esquerda, mapa deseñado por Roberto Mouzo.... Read More