“Non descartamos prolongar este período de ausencia e volver cun disco enteiro debaixo do brazo”, Martín Loureiro, voz dos Machina

Machina son Martín Loureiro á voz, Ángel Iglesias á batería, Gonzalo Grela á guitarra e Ángel Aguiar ao baixo. Gañadores dos Premios da Música 2013, son unha das referencias do metal en Galicia. Cantan en galego con letras comprometidas con cada época social e non lle gustan as etiquetas, xa que prefiren que sexa o propio ouvinte quen os defina. Desde Cerceda, levan máis de dez anos en activo mais non foi ata o 2006 cando comezan a súa... Read More

Xullo festivaleiro: Asalto, Solpor e Nordestazo

Nada máis comezar o verán a Costa da Morte énchese de música con romarías, festivais e verbenas. O mes xullo trae tres citas festivaleiras: Asalto ao Castelo, Festival Solpor e Nordestazo Rock. No Compás invitámoste a coñecelas un pouco mellor estes tres eventos cun estilo musical ben distinto. ASALTO AO CASTELO  -Vimianzo, 5 xullo- O Asalto chega á súa XIX edición coma unha das festas con máis sona da volta. O que comezou coma unha... Read More

A cita co Rockin’ enche Carballo

O San Xoán carballés toca ao seu fin e onte houbo cita de rockeiros no Rego da Balsa. Aínda non eran as once da noite cando comezaba o Rockin´ coa música dos Apart, un dos grupos máis emerxentes da capital de Bergantiños. Sorprendeu coma sempre a forza no escenario da vocalista interpretando temas compostos polo propio grupo. A continuación, o trío madrileño The Government foi a introdución perfecta ao que estaba por vir. A carpa empezou... Read More

Idealipsticks e Wau y Los Arrrghs encabezan o Rockin’

Se che gusta o rock tes unha cita o próximo 27 de xuño co Rockin’, no marco das festas do San Xoán de Carballo. No Rego da Balsa –detrás da vella estación de autobuses-, tocarán os carballeses Apart, os madrileños The Government, os manchegos Idealipsticks e os valencianos Wau y los Arrrghs. Airton&Senna Dj’s pecharán a noite do festival de rock das festas carballesas, que este ano celebra a sétima edición. Na mesma liña das edicións... Read More

“Queremos impulsar aos grupos que non teñen a oportunidade de tocar noutro tipo de festivais”, Xabier Herranz, do Festival Solpor

Con motivo da celebración da primeira edición do Festival Solpor O Compás falou con Xabier Herranz, membro dun grupo de mozos pontecesáns que deciden poñer en marcha esta nova cita musical da Costa da Morte que terá lugar o próximo 19 de xullo en Ponteceso. Un festival que nace cunha idea clara: a de dar cabida aos grupos musicais da comarca. I edición do Solpor Ponteceso. Quen é a cabeza pensante deste festival e a que se debe a súa posta... Read More

“Estaría ben que desde a Concellería de Cultura se promovera máis a música local”, Pedro Ramos, batería de Apart

Ao rock de Apart faltáballe unha voz. Esta resultou ser unha voz feminina, a de Inés Blanco. Xunto a Robin Mallo á guitarra, Daniel Barreiro ao teclado, Iago Pardiñas ao baixo e Pedro Ramos á batería, conforman Apart, recente formación musical carballesa que hoxe á noite debuta en público. Como non podía ser doutro xeito farano na sala Dublín de Carballo, entre os seus. ‘Será un primeiro concerto para desfrutar rodeados de xente coñecida’,... Read More

“Esperamos compensar a desilusión do ano pasado. Darémolo todo”, Nita de Fuel Fandango

A mestura de electro, funk, rock, pop e flamenco, creada pola cantante Nita e o produtor Ale Acosta, deixarase sentir no concerto que este dúo canario-cordobés ofrecerá mañá na praia de Balarés (Ponteceso). Centrados en descolocar ao público coa súa espectacular posta en escena e os seus axitados e contundentes directos, Fuel Fandango chegan de novo a Galicia –na súa única cita do verán aquí- para presentar o seu último traballo Trece... Read More

Unha noite rock vivindo a tralla malpicana

“Eu quero… eu quero josar…” foi o que algún e algunha cantou seguro ata en soños cando o sábado de madrugada ou, mellor dito, domingo á mañá se deitou despois do Nordestazo. Este é un feito verídico, prometo non estar inventando. E é que a noite do sábado josar josouse moito cos Herdeiros da Crús, co Nordestazo e con Malpica. O de onte foi un día de resaca, posterior a un festival que vai camiño da consagración. Algo que sen... Read More

“O Nordestazo ten un cartel envexable e para nós foi unha meta neste verán”, David Vázquez, vocalista de Moon Cresta

Moon Cresta subirá ao escenario do Nordestazo co seu son a rock californiano, adxectivo que non só define o seu estilo senón a procedencia do seu último disco. A banda viguesa chega á vila das Sisargas con dous discos ás súas costas. O último, The Sparkling Radiostars & Their Lunatic Orcresta, levounos ata California, onde traballaron coa produtora de, entre outros, os Red Hot, Johnny Cash ou System of a Down. David, cantante do grupo... Read More

“A mocidade carballesa precisa da música en directo”, compoñentes de Franc3s

O Rockin conta no seu cartel con dous grupos moi carballeses. Uns son os Lowcos e os outros son eles, os Franc3s. A viguesa Patricia Bermúdez (teclado) e os carballeses María Costa (batería) e Alberto Martínez (voz e guitarra) son os integrantes deste trío que xorde no ano 2007. A súa última actuación en Carballo foi o ano pasado durante a presentación do seu último e primeiro traballo. Campanas de fuego rosa, o seu segundo álbum, sairá... Read More

Páxina seguinte »