A cita co Rockin’ enche Carballo

O San Xoán carballés toca ao seu fin e onte houbo cita de rockeiros no Rego da Balsa. Aínda non eran as once da noite cando comezaba o Rockin´ coa música dos Apart, un dos grupos máis emerxentes da capital de Bergantiños. Sorprendeu coma sempre a forza no escenario da vocalista interpretando temas compostos polo propio grupo. A continuación, o trío madrileño The Government foi a introdución perfecta ao que estaba por vir. A carpa empezou... Read More

Idealipsticks e Wau y Los Arrrghs encabezan o Rockin’

Se che gusta o rock tes unha cita o próximo 27 de xuño co Rockin’, no marco das festas do San Xoán de Carballo. No Rego da Balsa –detrás da vella estación de autobuses-, tocarán os carballeses Apart, os madrileños The Government, os manchegos Idealipsticks e os valencianos Wau y los Arrrghs. Airton&Senna Dj’s pecharán a noite do festival de rock das festas carballesas, que este ano celebra a sétima edición. Na mesma liña das edicións... Read More

Rockin para comezar o San Xoán e a época de festivais

O verán comeza esta fin de semana e con el a época de festivais. Un bo plan para celebrar a entrada na temporada estival é o Rockin’ de Carballo que terá lugar este venres. Esta cita co rock está enmarcada nas celebracións do San Xoán e permitirá gozar, de balde, a todos aqueles aos que lles guste este estilo musical. José Antonio Deus, membro da comisión de festas, salienta a calidade que caracteriza a este festival e califica esta edición... Read More

“A mocidade carballesa precisa da música en directo”, compoñentes de Franc3s

O Rockin conta no seu cartel con dous grupos moi carballeses. Uns son os Lowcos e os outros son eles, os Franc3s. A viguesa Patricia Bermúdez (teclado) e os carballeses María Costa (batería) e Alberto Martínez (voz e guitarra) son os integrantes deste trío que xorde no ano 2007. A súa última actuación en Carballo foi o ano pasado durante a presentación do seu último e primeiro traballo. Campanas de fuego rosa, o seu segundo álbum, sairá... Read More

Cándido Pazó e Pastora Soler, pratos fortes do San Xoán 2012

Achégase o final de primavera, e con el o San Xoán, o fiuncho, as barracas, as cachelas, os concertos, o algodón de azucre, a tómbola, a troula…A falta de dúas semanas escasas para que arranquen as festas patronais de Carballo, a comisión de festas da localidade presentou o venres á tarde o cartel deste ano. En Compás da Costa achegámosche as pinceladas máis importantes: O actor galego Cándido Pazó será o encargado de inaugurar... Read More