De Liverpool ás Sisargas

DE LIVERPOOL ÁS SISARGAS Empeza o filme. Pantalla en negro. A luz dun faro atlántico comeza a espertar. Lentamente, a ritmo de amencer nubrado. Entre as brumas debúxase, pouco a pouco, a paisaxe dunha praia. E no medio do areal… Non pode ser! No medio do areal: un piano. Un piano saído do mar! Sublime secuencia! Excelsa fotografía! Onde está ambientada a película? -En Nova Zelandia, a mediados do século XIX –afirmará quen vira “O Piano”,... Read More

Alma rosaliana nun batallón de tecedoras ceibes

O venres á noite o Pazo da Cultura de Carballo acollía un espectáculo para conmemorar o Día Internacional da Muller e ao tempo lembrar a Rosalía de Castro no 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. O título escollido por Lumieira, Rosalías. Daquelas que cantan facía presaxiar que non iamos asistir a unha exaltación convencional da nosa poeta fundacional.  O auditorio estaba cheo cando a anfitrioa, Rosalía Fernández Rial,... Read More

MIRADAS

“Somos MIRADAS sen cabeza. Cos ollos do revés. Podemos ver a través de ti. Dentro. Moi dentro. Ata acampar no teu iris e mastigarche as retinas”   entoaron, no meu maxín, os cadros da exposición colectiva. Como un himno; co alento indomeable da voz conxunta. Palpitaban as obras ao mesmo compás porque compartían un atributo común: a intensidade. Desde perspectivas diversas, exhibidas de forma distinta, pero cunha potencia capaz de... Read More

#prazadoslibros – Rosalía Fdez. Rial

Feiras, festas máis mercados! Xoldas incombustibles e esmorga sen tregua. O verán deste recuncho atlántico coñece a diversión en todos os seus formatos; gastronómico, familiar, trasnoitador ou comercial. Ningún acontecemento carece de celebración e, de non existir suceso extraordinario, inventamos escusas para pasalo ben. Actitude, a referida, que considero encomiable, pois queda moito inverno por roer e xamais o tedio foi amigo do bo vivir.... Read More

O corvo Roque: unha historia real convertida en ficción

"O corvo Roque" foi presentado polos profesores do centro e tamén polo conserxe /Foto: Alberto Pose/ A historia do corvo Roque xa está plasmada sobre papel. E as grazas temos que darllas ao CEIP Virxe da Barca, sobre todo ao empeño do seu conserxe, Jesús Toba, que tantas veces lle contou aos cativos a historia do famoso corvo muxián. De feito o propio Toba é un dos autores do libro xunto con Ana María Martínez. O Corvo Roque narra... Read More

CARBALLO HOMENAXEA A VALENTÍN PAZ-ANDRADE CO HABITUAL MARATÓN LITERARIO

  O xardín municipal de Carballo acolle os actos do día das Letras Galegas A capital de Bergantiños celebra o día grande das Letras Galegas cun programa de actividades que se estende a todo este mes. Como xa vén sendo habitual, o acto principal do chamado Mes das Letras é o maratón As letras en voces, que se desenvolve durante a mañá do día 17 no Xardín Municipal do concello. Os participantes len en público un fragmento literario... Read More

López Abente presente nas Letras de Muxía

O concello de Muxía celebra o día das letras cunha homenaxe a  Gonzalo López Abente, escritor muxián ao que xa se lle dedicaron as letras galegas no ano 1971. Ás 12 do mediodía terá lugar unha ofrenda floral no monumento que o autor ten dedicado na entrada da vila da Barca. Despois inaugurarase unha placa conmemorativa na casa na que viviu o poeta, así como tamén no cabo da Grixa, lugar de nacemento do escritor. O percorrido estará acompañado... Read More