Coñecendo Vimianzo dende os catro puntos cardinais

Vimianzo é máis ca un castelo. Dolmens; aldeas, cruceiros e igrexas medievais, castros, tumbas romanas e suevas, montes… Todo isto se pode visitar en bus turístico, nas rutas que organiza o Concello cada domingo de verán, e que chegan xa á súa recta final. Por el pasaron xentes de puntos de toda a Península: dende Valencia, Madrid, Bizkaia ou La Rioja. Tamén veciños do propio concello, que se animaron a coñecer a fondo o que teñen... Read More

Andaina para homenaxear a un xenio

O historiador local Roberto Mouzo, afeccionado só por non ter unha carreira, sempre gardou un cariño especial polos espléndidos Penedos de Pasarela e Traba. Durante a súa vida tivo traballado moito pola difusión e protección desta paraxe, xunto co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Un mapa realizado por el mesmo, poucos meses antes do seu falecemento, guía agora ó visitante polo labirinto de máxicas rochas, xunto coa obra recentemente... Read More

Camiño da imaxinación

Pasaron xa catro anos dende que o Goberno Galego decidira coidar das agresións ós Penedos de Pasarela e Traba, declarándoos Paisaxe Protexida. A paraxe ten a honra de compartir unha figura de protección única soamente co Val do río Navea, en Trives. A Xunta asegurara naquel momento que nun máximo de dous anos estaría listo un plan estratéxico para coidar do lugar e preparalo para a súa visita. Un peixe e unha tartaruga miran á Torre da... Read More

Descubre Muxía con Xan Fernández

Faro da Praia do Lago. /Foto: Manuel Rial/ Se hai unha persoa que destaque polo gran coñecemento de Muxía e do seu concello ese é Xan Fernández Carrera. Grazas ao autor muxián temos numerosas guías sobre a vila da Barca, así como diversas rutas para coñecer algún lugar peculiar do concello que ás veces queda esquecido nos mapas turísticos. Co gallo do Nadal, o Concello de Muxía organiza visitas guiadas a dous dos seus emblemas arquitectónicos... Read More

De muíño en muíño por Vimianzo

Ducias de regos, ríos e canles percorren o Val de Vimianzo. Todos forman unha rede de veas e arterias creadas pola man do home durante séculos para nutrir as terras de labranza. O principal curso de auga leva o nome da vila: Vimianzo, e desemboca en Calo nas augas do río Grande. Fórmano de leste a oeste os regos de Ogas, Cambeda, Cubes e Trasouteiro. A auga ademais de utilizarse para o rego tamén se aproveitou para moer o gran na ducia de muíños... Read More

O espírito ciclista tamén se vive en Vimianzo

Coa Volta ciclista a piques de percorrer as nosas terras, Vimianzo tamén sube á bicicleta, pero de BTT. Este sábado 1 de setembro, a novena Ruta BTT Concello de Vimianzo, percorrerá 35,6 km polo municipio, pero non é unha carreira, senón que ten carácter non competitivo. Para apuntarse hai que contactar co departamento de deportes do concello (deportes@vimianzo.es) e aboar 5 euros de cota de inscrición. Existe un límite de 300 persoas e a... Read More

As bágoas de San Lourenzo no cerne de Bergantiños

“Aínda recordo aínda o dolmen de Dombate” rezaba Pondal nun dos seus poemas. O mesmo lles pasará ás preto de duascentas almas que camiñaron a noite do pasado venres para percorrer a Ruta das Estrelas. Dende hai uns anos, no mes de agosto, arredor do San Lourenzo, o concello de Cabana organiza un roteiro de sendeirismo nocturno. Nesta ocasión a cita era ao caer o día no dolmen de Dombate. Antes de comezar a andaina era obrigada unha... Read More

Muxía dedícalle a fin de semana á literatura

O que pase a próxima fin de semana pola vila da Barca verá como esta está tomada pola poesía, a narrativa, o teatro… porque a partir do venres 3 de agosto e ata o domingo 5 celébrase a I Feira Outlet do Libro. Dentro desta feira destacan principalmente dúas actividades: a primeira é un express literario no que participarán coñecidos autores da Costa da Morte, o acto terá lugar o venres 3 ás 8 da tarde na praza do cabo da Vila. A segunda... Read More

O concello de Ponteceso programa unha nova ruta de sendeirismo

Praia das Rodas. Illas Cíes Dentro do programa Ponte a pé, o concello de Ponteceso organiza unha nova ruta de sendeirismo para o mes de xuño. Trátase dunha senda polas Rías Baixas que percorrerá a Costa da Vela, o faro do Cabo Home e as Illas Cíes. A cita comeza o sábado 16 de xuño a partir das 08.00 horas na praza do Recheo de Ponteceso. A volta está prevista para o domingo 17 ás 21.00 horas. O prezo da ruta son 50 euros nos que... Read More