Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More

Tecnoloxía 2.0 para coñecer o territorio

O Concello de Ponteceso vén de presentar unha interesante iniciativa turística chamada Os camiños do mar. O proxecto pretende recuperar e poñer en valor todo o texido inmaterial vinculado ao entorno mariñeiro que ten como escenario o territorio do concello. De igual maneira, conxuga ecoturismo, patrimonio histórico, cultura mariñeira e novas tecnoloxías. O achegamento ao territorio Os camiños do mar vertébrase arredor de dúas rutas de sendeirismo.... Read More

A foliada, principal protagonista do VI Mercado das Rutas do Mar

A pasada fin de semana celebrouse en Muxía a sexta edición do Mercado das Rutas do Mar, unha celebración que destaca pola implicación dos veciños. Un ano máis os muxiáns non defraudaron e divertiron aos asistentes coa súa música e coas súas tradicións. Para moitos habitantes do Concello, o mercado xa comeza o venres á tardiña cando acoden ás rúas e prazas a adornar os seus postos nos que durante dous días ofertarán variedade de produtos... Read More

Muxía engalánase para recibir ó VI Mercado das Rutas do Mar

Cartel do VI Mercado das Rutas do Mar A vila da Barca volverá esta fin de semana ás súas raíces mariñeiras para celebrar o VI Mercado das Rutas do Mar, unha celebración que xa se converteu no segundo evento máis importante para o municipio despois das festas da Barca. A festa é agardada sobre todo polos veciños do Concello de Muxía que aproveitan esta fin de semana para pasalo ben vestidos como antano, pero tamén os comerciantes locais... Read More

Camiñando por territorio surfeiro

Casa do Arco Invitámosvos a percorrer e descubrir parte do paraíso natural no Concello de Laxe mediante unha ruta de sendeirismo. Trátase dunha ruta que vai dende o paseo marítimo de Laxe ata Traba, pasando por cantís, montes e por praias salvaxes onde o baño é cousa de aventureiros montados nunha táboa de surf. A nosa ruta coincide case na súa totalidade cunha das que deseñou o Concello de Laxe, a PR-G 70, coa diferenza de que a do Concello... Read More