Adeus ao Howard Carter de Vimianzo

Unha mañá no estanco da Praza, Roberto contábame que estaba buscando un cervo en Cambeda. Era unha das súas últimas pescudas arqueolóxicas, logo de explicarme que atopara o dolmen máis próximo ó núcleo urbano de Vimianzo nos montes da Cruz de Loureiro, a pouco máis dun quilómetro da vila. Era a mámoa de Prado Garrido, que xa está oculta pola maleza  e bastante desfeita. Grazas a Roberto coñecín o dolmen de Prado Garrido. /Foto: Manuel... Read More

A única Paisaxe Protexida da Costa da Morte por fin ten guía

 Na Costa da Morte existe un lugar onde pasean as pantasmas de Frank Sinatra e de Robespierre. Onde hai camelos, osos e sapoconchos xigantes. Onde a antiga cultura dos Moai da Illa de Pascua tamén deixou varias monumentais pegadas. Onde esfinxes e dinosauros conviven con lobos e coellos. Son os Penedos de Pasarela e Traba, a única da Costa da Morte declarada Paisaxe Protexida. A Esfinxe dos Penedos de Pasarela e Traba. /Foto: Manuel Rial/ Hai xa... Read More

Os canteiros desvelan as incógnitas dos cruceiros

Cando os turistas de fóra veñen a Galicia, os guías dinlles que “onde hai un cruceiro, cometeuse un pecado”. Se isto fora certo, somos unha terra ben pecadenta, porque olles onde olles haberá unha cruz lembrando que o lugar está sacralizado. Isto vén dunha cita de Castelao: “Onde hai un cruceiro houbo sempre un pecado, e cada cruceiro é unha oración de pedra que fixo baixar un perdón do Ceo, polo arrepentimento de quen o pagou e... Read More

“Facer o que aqueles que están obrigados a facelo, non fan”

En decembro de 2008 a Xunta do bipartito declaraba como Paisaxe Protexida aos Penedos de Pasarela e Traba, por mor da ameaza de que se ía instalar alí unha canteira. Pasaron catro anos, e dende aquela o único que pasou no lugar foi que medraron os toxos e as xestas. A Consellería de Medio Ambiente tiña a obriga de aprobar no 2010 un Plan de Conservación da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, pero os papeis deberon quedar nun ficheiro... Read More

Viaxe ás terras rodeadas de Atlántico

Bretaña, o Alentejo, Cornualles… O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte non deixa de percorrer os países atlánticos e celtas e emprende desta vez unha viaxe cara Normandía e o norte da Bretaña francesa. A illa do monte Saint-Michel, un dos puntos máis visitados de Francia (Foto:Roi Vila) Entre os días 21 e 28 de agosto, son sete días de viaxe nos que se visitarán lugares impresionantes como a abadía do Monte Saint Michel,... Read More

A liberdade reclamada por Juan Antonio Posse

Na aldea dicíase que a casa na que nacera o crego liberal Juan Antonio Posse ( Soesto, Laxe, 1766 – San Andrés del Rabanedo, León, 1854) debía ter un tellado case a rentes do chan. En Soesto falábase de que a finca na que se criara o cura estaba custodiada no alto pola cancela de Mariana. Gumersindo de Azcárate gardaba as memorias de Posse na súa biblioteca á que accedeu Richard Herr, quen finalmente as fixo públicas en 1984.... Read More

A Costa da Morte lembra ó liberal crego Posse

Hai douscentos anos Galicia vivía tempos convulsos coa invasión das tropas napoleónicas, abandeiradas da Revolución Francesa, que pretendían expandir o Imperio de Bonaparte máis aló dos Pireneos. Os veciños da Costa da Morte, coma todos os demais, uníanse en pequenos grupos para organizar asaltos e ataques nunha guerra de guerrillas que se alongou durante seis anos. Esta invasión tivo o seu lado bo: rompeu durante uns anos o sistema absolutista... Read More