“Facer o que aqueles que están obrigados a facelo, non fan”

En decembro de 2008 a Xunta do bipartito declaraba como Paisaxe Protexida aos Penedos de Pasarela e Traba, por mor da ameaza de que se ía instalar alí unha canteira. Pasaron catro anos, e dende aquela o único que pasou no lugar foi que medraron os toxos e as xestas. A Consellería de Medio Ambiente tiña a obriga de aprobar no 2010 un Plan de Conservación da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, pero os papeis deberon quedar nun ficheiro... Read More

Viaxe ás terras rodeadas de Atlántico

Bretaña, o Alentejo, Cornualles… O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte non deixa de percorrer os países atlánticos e celtas e emprende desta vez unha viaxe cara Normandía e o norte da Bretaña francesa. A illa do monte Saint-Michel, un dos puntos máis visitados de Francia (Foto:Roi Vila) Entre os días 21 e 28 de agosto, son sete días de viaxe nos que se visitarán lugares impresionantes como a abadía do Monte Saint Michel,... Read More

A liberdade reclamada por Juan Antonio Posse

Na aldea dicíase que a casa na que nacera o crego liberal Juan Antonio Posse ( Soesto, Laxe, 1766 – San Andrés del Rabanedo, León, 1854) debía ter un tellado case a rentes do chan. En Soesto falábase de que a finca na que se criara o cura estaba custodiada no alto pola cancela de Mariana. Gumersindo de Azcárate gardaba as memorias de Posse na súa biblioteca á que accedeu Richard Herr, quen finalmente as fixo públicas en 1984.... Read More

Último día para ver a Exposición das antas

Polas antas e mámoas da Costa da Morte é o título da obra máis coñecida quizais creada polo Seminario de Estudos Comarcais. Xosé María Lema Suárez propón unha viaxe guiada polos dolmens máis representativos da zona, de norte a sur. Un percorrido polos enterramentos dos nosos antergos que comeza cunha introducción explicativa do que é unha anta e a súa contextualización na cultura megalítica. Á esquerda, mapa deseñado por Roberto Mouzo.... Read More

López Abente presente nas Letras de Muxía

O concello de Muxía celebra o día das letras cunha homenaxe a  Gonzalo López Abente, escritor muxián ao que xa se lle dedicaron as letras galegas no ano 1971. Ás 12 do mediodía terá lugar unha ofrenda floral no monumento que o autor ten dedicado na entrada da vila da Barca. Despois inaugurarase unha placa conmemorativa na casa na que viviu o poeta, así como tamén no cabo da Grixa, lugar de nacemento do escritor. O percorrido estará acompañado... Read More