Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More

Andaina para homenaxear a un xenio

O historiador local Roberto Mouzo, afeccionado só por non ter unha carreira, sempre gardou un cariño especial polos espléndidos Penedos de Pasarela e Traba. Durante a súa vida tivo traballado moito pola difusión e protección desta paraxe, xunto co Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Un mapa realizado por el mesmo, poucos meses antes do seu falecemento, guía agora ó visitante polo labirinto de máxicas rochas, xunto coa obra recentemente... Read More

Tres dolmens a pé dende Vimianzo

Se a Costa da Morte é unha terra rica en xacementos megalíticos, o concello de Vimianzo destaca  entre todos por ter o maior número de mámoas e polo ben que se conservan algunhas delas. Como mostra disto, oito das catorce mámoas do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo pertencen a este concello soneirán. Realmente, nestes momentos, pouca importancia ten este dato xa que a Xunta parece que deixou esquecido o proxecto nun caixón que só... Read More

O Camiño dos faros, sendeirismo para descubrir a Costa da Morte

Se de algo podemos estar orgullosos na Costa da Morte é da beleza da nosa paisaxe. Ás veces achegámonos aos sitios máis turísticos, e algúns a outros menos coñecidos, para contemplar e gozar da paisaxe que nos brinda a nosa costa, coa mirada ao horizonte posto no Atlántico. A maioría usamos o coche para ir de visita, cando contamos con rutas de sendeirismo que nos permiten facer o mesmo, máis en realidade, camiñando, facendo exercicio,... Read More

Vimianzo prepárase para dúas semanas de sendeirismo

O programa de sendeirismo desenvolto polo Concello de Vimianzo leva ós camiñantes esta fin de semana a Camariñas e xa para a seguinte ós Penedos de Pasarela e Traba. A primeira viaxe, organizada en colaboración co concello camariñán, será un percorrido costeiro de 16 quilómetros, sempre ó carón do mar polas proximidades da vila do Encaixe. Durante o camiño poderanse visitar a capela da Virxe do Monte, o Faro Vilán e pasar polo alto do... Read More

Camiño da imaxinación

Pasaron xa catro anos dende que o Goberno Galego decidira coidar das agresións ós Penedos de Pasarela e Traba, declarándoos Paisaxe Protexida. A paraxe ten a honra de compartir unha figura de protección única soamente co Val do río Navea, en Trives. A Xunta asegurara naquel momento que nun máximo de dous anos estaría listo un plan estratéxico para coidar do lugar e preparalo para a súa visita. Un peixe e unha tartaruga miran á Torre da... Read More

De muíño en muíño por Vimianzo

Ducias de regos, ríos e canles percorren o Val de Vimianzo. Todos forman unha rede de veas e arterias creadas pola man do home durante séculos para nutrir as terras de labranza. O principal curso de auga leva o nome da vila: Vimianzo, e desemboca en Calo nas augas do río Grande. Fórmano de leste a oeste os regos de Ogas, Cambeda, Cubes e Trasouteiro. A auga ademais de utilizarse para o rego tamén se aproveitou para moer o gran na ducia de muíños... Read More

Tecnoloxía 2.0 para coñecer o territorio

O Concello de Ponteceso vén de presentar unha interesante iniciativa turística chamada Os camiños do mar. O proxecto pretende recuperar e poñer en valor todo o texido inmaterial vinculado ao entorno mariñeiro que ten como escenario o territorio do concello. De igual maneira, conxuga ecoturismo, patrimonio histórico, cultura mariñeira e novas tecnoloxías. O achegamento ao territorio Os camiños do mar vertébrase arredor de dúas rutas de sendeirismo.... Read More

Senda Nova a L’Azorea Cima – Eva Cameán

Por Eva Cameán Din que a veces a realidade supera á ficción, e incluso en casos moi contados chega a superar á imaxinación, os soños e as altas expectativas que unha persoa ten sobre algo ou alguén. Sabía que esta viaxe ía ser especial, que ía disfrutar todo o que puidera e máis, que ía aprender ó máximo posible, pero sempre partindo desde a base de que eu xa mo imaxinaba como un lugar espectacular. Cal foi a sorpresa? Que foi tremendamente... Read More

As bágoas de San Lourenzo no cerne de Bergantiños

“Aínda recordo aínda o dolmen de Dombate” rezaba Pondal nun dos seus poemas. O mesmo lles pasará ás preto de duascentas almas que camiñaron a noite do pasado venres para percorrer a Ruta das Estrelas. Dende hai uns anos, no mes de agosto, arredor do San Lourenzo, o concello de Cabana organiza un roteiro de sendeirismo nocturno. Nesta ocasión a cita era ao caer o día no dolmen de Dombate. Antes de comezar a andaina era obrigada unha... Read More

Páxina seguinte »