Sereas e Piratas serán os protagonistas en Razo durante dous días

Membros da asociación 13 Lagartos e o alcalde presentaron o cartel do festival. A falta de dous meses escasos para o Festival Sereas e Piratas xa está case pechada a programación desta edición que terá lugar na praia de Razo os días 20 e 21 de xullo.  Onte presentouse o cartel deste ano, cuxa principal nova é a celebración de dous días consecutivos de concertos, cando nas edicións anteriores só era un. Isto explica o prezo da entrada.... Read More

Razo-Baldaio ou como namorei dunha praia

Que preto e que lonxe me parecía Baldaio. Aínda foi en setembro do ano pasado cando fun deixando pegadas sobre a area mollada dende Razo ata Baldaio. Non foi sen tempo, despois de tantos anos visitando estas dúas praias por separado. As chagas dos pés mereceron a pena. Cando sentes a liberdade de estar fronte a un enorme océano, respirando o seu ar, a súa brisa que percorre o teu corpo como o máis fermoso dos aloumiños. O sol, que tamén estaba... Read More