Vimianzo prepárase para dúas semanas de sendeirismo

O programa de sendeirismo desenvolto polo Concello de Vimianzo leva ós camiñantes esta fin de semana a Camariñas e xa para a seguinte ós Penedos de Pasarela e Traba. A primeira viaxe, organizada en colaboración co concello camariñán, será un percorrido costeiro de 16 quilómetros, sempre ó carón do mar polas proximidades da vila do Encaixe. Durante o camiño poderanse visitar a capela da Virxe do Monte, o Faro Vilán e pasar polo alto do... Read More

A marea de dignidade viaxa en maletas polos institutos

O colectivo Burla Negra, formado pola xente da cultura que se comprometeu cos movementos sociais trala catástrofe do Prestige, volve a acción dez anos despois. Onte comezaron as iniciativas da campaña DésPrestige, que seguirá hoxe co DesConcerto Expansivo, a celebración de case cincuenta actos culturais simultáneos arredor de toda Galicia.  A acción DesEducaAcción arrincou onte pola mañá no auditorio de Laxe, co gallo de lembrar... Read More

A liberdade reclamada por Juan Antonio Posse

Na aldea dicíase que a casa na que nacera o crego liberal Juan Antonio Posse ( Soesto, Laxe, 1766 – San Andrés del Rabanedo, León, 1854) debía ter un tellado case a rentes do chan. En Soesto falábase de que a finca na que se criara o cura estaba custodiada no alto pola cancela de Mariana. Gumersindo de Azcárate gardaba as memorias de Posse na súa biblioteca á que accedeu Richard Herr, quen finalmente as fixo públicas en 1984.... Read More