“As ganas coas que realizamos este proxecto seguen sendo as mesmas oito anos despois” Bea Fernández, organizadora do Sereas e Piratas

Os albaceteños Chucho, 0s vigueses Wild Balbina, os carballeses Franc3s e Holycrab, así como Músculo! e 4 Waves desde Vilagarcía forman o cartel da oitava edición do Festival Sereas e Piratas que se celebra en Razo (Carballo) o próximo sábado. Fieis á súa aposta polos grupos do país conseguiron sacar adiante un ano máis esta cita coa música independente. Falamos con Bea Fernández, pertencente á Asociación Rebeldía encargada de organizar... Read More

Os amantes do surf teñen unha cita coa Pescadería fotográfica en Malpica

Cada vez máis o surf está vencellado á Costa da Morte con campionatos de surf e doutras modalidades e varios festivais. Nesta ocasión informamos doutra actividade que xorde deste deporte. Así, en Malpica, enmarcada nas actividades que terán lugar a fin de semana do 29 e 30 de xuño durante o I Festival Longboard, realizarase a 1ª Pescadería Fotográfica na vila mariñeira. O I Festival Longboard de Malpica nace como un evento para gozar do... Read More

Joe Crepúsculo, Pony Bravo e Triángulo encabezan o festival de música independente Sereas e Piratas

Cando escoitamos Sereas e Piratas chega unha imaxe á nosa mente: unha noite en Razo chea de música, brisa de mar, copa en man e boa compañía. Polo menos é o que nos pasa á xuventude carballesa e dos municipios do redor. Ao longo destes sete anos de existencia seguro que o nome deste festival de música independente xa foi soando máis aló das fronteiras da comarca e poida que este ano sexa o de tomar unha maior consciencia de que debe ser unha... Read More

Razo-Baldaio ou como namorei dunha praia

Que preto e que lonxe me parecía Baldaio. Aínda foi en setembro do ano pasado cando fun deixando pegadas sobre a area mollada dende Razo ata Baldaio. Non foi sen tempo, despois de tantos anos visitando estas dúas praias por separado. As chagas dos pés mereceron a pena. Cando sentes a liberdade de estar fronte a un enorme océano, respirando o seu ar, a súa brisa que percorre o teu corpo como o máis fermoso dos aloumiños. O sol, que tamén estaba... Read More