O teatro será o rei na programación cultural de novembro en Cee

O teatro vai ser o principal protagonista dentro das actividades culturais programadas polo Concello de Cee para este mes de novembro. As representacións darán comezo a vindeira fin de semana posto que o sábado poderemos gozar de Laretadas, monólogo do actor Josito Porto; e o domingo será a quenda da escola Municipal de Teatro de Muxía coa obra O médico a paus. Non todo o teatro queda aí: ao domingo seguinte, será a Escola Municipal de Teatro... Read More

“A Mostra de Cee está absolutamente eliminada do noso pensamento” Toño Casais

Pódese dicir que para o actor ceense Toño Casais o 2012 foi un ano intenso: “Pelos na lingua” é todo un éxito de público e crítica; é elixido presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia; despide para sempre a Mostra de Teatro de Cee e, agora, presenta esta semana “O método Gronhölm”, unha coprodución co FIOT. Logo de dúas funcións cheas de público, presenta esta tarde en Vimianzo a terceira función,... Read More

Cee despide esta noite á súa derradeira Mostra de Teatro

E chegou o día. Hoxe Cee celebra a festa do teatro, pero tamén chora a perda do único evento deste tipo que había na Costa da Morte. Logo dun cuarto de século a Mostra de Teatro, organizado pola compañía Talía Teatro, di adeus para sempre, logo de agonizar durante os últimos anos por falta de apoio institucional. Os nenos gozarán durante todo o día con actuacións de rúa e tamén no propio salón de actos do concello. Alí, ás 12 e media... Read More