Os carteiros reais xa pasaron por Ponteceso

O Carteiro Real xa vai ben cargado estes días cos centos de sobres onde se gardan as ilusións dos nenos de Ponteceso. Durante estes días estiveron recollendo as cartas en galego polos colexios do concello. O Nadal xa está ás portas. Carteira Real. /Foto: Concello Ponteceso/ O sábado 22 celebrarase o XVI Certame de Corais ás 20:30 horas na Igrexa dos Remedios de Corme, na cal participarán as corais do concello máis unha convidada de Betanzos. Para... Read More

Novembro de teatro galego

Tralo rotundo éxito do FIOT en Carballo, novembro traénos espectáculos de novo á Costa da Morte cun pequeno ciclo en Ponteceso. Os sábados deste mes están protagonizados polo noso teatro na terra de Pondal. A colaboración entre o concello pontecesán e a A.C. Monte Branco permite que polas táboas da Casa dos Veciños do Couto pasen tres compañías galegas de longo percorrido e un espectáculo de maxia. O vindeiro sábado abre o ciclo a compañía Teatro... Read More

“Non se está valorando abondo o cartel deste FIOT” Toño Casais

Logo dunha intensa tarde de ensaios, Toño Casais aténdenos na véspera de presentar xunto cos seus compañeiros de Talía Teatro O método Gronhölm, unha coprodución co FIOT de Carballo, da que nos conta máis detalles neste adianto de entrevista. Talía Teatro estará hoxe e mañá en Carballo con esta produción, e o domingo en Vimianzo. Este é só un adianto da entrevista a Toño Casais na que conversamos sobre o panorama do teatro para o... Read More

Un outono de luxo para a Casa da Cultura de Vimianzo

Preto dunha ducia de espectáculos, do máis alto nivel nacional e sen ter que pagar un peso. Parece incrible, pero é verdade. Trátase da programación dos domingos da Casa da Cultura de Vimianzo, que volve ser temática: outubro será tempo de teatro; novembro, tempo de música e decembro, tempo de Nadal. Tempo de teatro O teatro comeza xa nas últimas horas de vida de setembro, coa representación da Función do tequila, do Teatro do Morcego.... Read More

Música, teatro, obradoiros e exposicións na Semana Cultural de Zas

Un ano máis o concello de Zas concentra as súas actividades culturais na semana que precede á Carballeira de Zas. Dende o 29 de xullo ata o 5 de agosto os veciños e visitantes disfrutarán dun programa completo que traerá música, manualidades, gastronomía, teatro, obradoiros e exposicións á vila soneirá. As actividades ocupan as xornadas ao completo e están pensadas para todas as idades. Na súa posta en marcha colaboran as asociacións... Read More

O FIOT 2012 arranca en outubro coa súa segunda coprodución

Xulio Lago, Alberto Sueiro e Artur Trillo, onte durante a presentación. /CEDIDA/ A 21 edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo arrancará no mes de outubro coa estrea de O método Grönholm, espectáculo teatral dirixido por Talía Teatro,  unha das compañías máis importantes do panorama escénico galego. Esta é a segunda coprodución na que participa o FIOT. A nova presentouse onte en rolda de prensa, nun acto... Read More

“A Mostra de Teatro de Cee vaise facer, aínda que sexa só un día” Artur Trillo

Entrevista de Alberto Pose e Manuel Rial “Unha vez saiba os vimbios que teño, farei os cestos. Pero se non sei os vimbios que teño, dificilmente poderei facer nada.” A tres meses da celebración da Mostra de Teatro de Cee, Artur Trillo fai ver a incógnita na que se moven os preparativos da que serían as vodas de prata do evento teatral máis importante da Costa da Morte. O director de Talía Teatro afirma que as subvencións que poidan vir... Read More

Vimianzo amosa o propio na Semana das Letras

O concello de Vimianzo aproveita a Semana das Letras pra facer unha mostra das escolas de teatro e música do concello, dentro ciclo do «noso mes das letras». O Día das Letras, xoves 17, os actores máis pequenos interpretarán ás 6 e media da tarde no Auditorio dúas obras que levan preparando todo o curso.  A primeira, da Escola de Vimianzo, será A gata con botas , un conto infantil revisado do que faltan algunhas páxinas do libro, polo... Read More