“Hai xente que só vai aos nosos concertos polo Sara, Sariña”, Óscar Fernández de Os Cempés

Óscar Fernández é un dos fundadores do grupo. /Foto: cedida/ O mítico grupo de folk galego Os Cempés volverá subirse esta noite ao escenario da Carballeira de Zas, un festival do que afirman gardar “un especial cariño” e ao que regresan cunha renovada formación e cun recente proxecto musical. Compás da Costa falou con Óscar Fernández, un dos seus seis compoñentes. Logo dun parón de catro anos, os Cempés volveron ós escenarios... Read More

Carballeira de reencontros: Os Cempés e A Quadrilha volven a Zas

O vindeiro 4 de agosto a Carballeira de Zas volverá a encherse do mellor folk do país. Tal e como adiantaba Compás hai uns días, Os Cempés volven tras un lustro lonxe das táboas e con novo disco baixo o brazo, Tentemozo. Estarán acompañados doutros veteráns da cita soneirá, os portugueses A Quadrilha, cuxos músicos se  reúnen de novo tras unha escisión. Non faltará a representación vasca, que sempre colleita gran éxito entre o público.... Read More

Os Cempés soan para a Carballeira de Zas

Non queda nada para saber o cartel do festival folk máis coñecido da Costa da Morte. Esta semana, a Asociación Cultural Castro Meda presentará oficialmente os grupos que este 4 de agosto tomarán a lendaria carballeira de Zas. Pero algún adianto xa circula pola Rede. Os ruxe-ruxe cobran forzas e todo parece xa indicar que Os Cempés volverán a Carballeira de Zas para presentar o seu novo disco. O grupo xa estivo na XXI edición da festa no 2004... Read More