Fotogalería: XXX Mostra da Olería de Buño

A Mostra da Olería de Buño (Malpica de Bergantiños) celebra neste 2013 os trinta anos. Cunha gran afluencia de visitantes durante a fin de semana, nótase un ambiente máis relaxado durante estes días. Postos de venda, exposicións no interior de olería e pintura, talleres de barro pola tarde para os máis cativos e actuacións de baile tradicional xunto con compañías de animación infantil conforman a programación desta festa que rende homenaxe... Read More

Ponteceso fala na voz dos seus veciños

No serán de hoxe terá lugar a presentación pública de Ponte na Fala, que trata de recuperar e conservar a literatura popular oral de Ponteceso. O acto central estará guiado pola conferencia de Antonio Reigosa, que falará dos valores literarios e simbólicos do proxecto. Así mesmo, será unha oportunidade para que se reúnan os informantes e intercambien contos e cantigas. Por outra parte,  ás 11 de mañá, realizarase un obradoiro de arrolos,... Read More

Corcubión agarda polo Serán San Roque

Asociación e Veciños San Roque está a organizar unha tarde de festa tradicional. De feito, un serán non é máis que unha reunión nocturna de carácter festivo, malia que na Costa da Morte adóitase empregar máis o termo ruada. A troula dará comezo ás 14 horas cun xantar de confraternización. Despois da comida, ás 17 horas, a organización ten preparada unha clase de baile galego para principiantes onde aprenderán nocións básicas da danza... Read More

“Ponte na fala” fomenta a recuperación da tradición oral de Ponteceso

Primeiro contacto con algúns dos participantes no proxecto. /CEDIDA/ O Concello de Ponteceso desenvolve o proxecto Ponte na fala, que conta coa subvención da Secretaría Xeral de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia. A iniciativa trata de recuperar e conservar a literatura oral popular do concello. Para tal obxectivo conta coa axuda das asociacións das distintas parroquias así como tamén están abertos a calquera colaboración por... Read More