Concertos que souberon a pouco en Valarés

O sol, esta vez si, fixo acto de presenza na praia de Balarés. Quizais por iso os festivaleiros foron máis madrugadores. Unha xornada musical desde a praia para aqueles que non quixeron desaproveitar un dos poucos días de bo tempo. Por certo, foi o único festival no que non choveu esta temporada? Pero non só desde o areal, pois a pé dos escenarios habilitados en dúas zonas distintas a xente tamén gozou coas actuacións de día. Combinación... Read More

Sereas e Piratas, o festival de música independente que medra ano tras ano

Prognosticaban bo tempo e non se equivocaron. A praia de Razo brillou durante toda a pasada fin de semana, e non só polo tan agardado sol que ateigou os areais desta praia da capital bergantiñá ate os topes, senón porque en Razo desembarcaron un ano máis o Sereas e Piratas, festival que xa vai camiño de convertese nunha das citas ineludibles do verán para os amantes da música independente. Mozos e non tan mozos chegados de diversos lugares... Read More

“Sereas e Piratas ten un compoñente emocional para nós”, Rodrigo Caamaño, de Triángulo de Amor Bizarro

Toman o seu nome da canción Bizarre Love Triangle do grupo New Order e son un dos grupos galegos con máis éxito nos festivais independentes non só na nosa comunidade, senón a nivel estatal. Triángulo de amor bizarro tocarán mañá en Razo, no Sereas e Piratas, onde xa actuaron cando aínda non eran tan coñecidos. Nesta ocasión chegan como un dos pratos fortes do cartel. Rodrigo, Isa, Rafael e Zippo forman o Triángulo actualmente. Falamos... Read More

Joe Crepúsculo, Pony Bravo e Triángulo encabezan o festival de música independente Sereas e Piratas

Cando escoitamos Sereas e Piratas chega unha imaxe á nosa mente: unha noite en Razo chea de música, brisa de mar, copa en man e boa compañía. Polo menos é o que nos pasa á xuventude carballesa e dos municipios do redor. Ao longo destes sete anos de existencia seguro que o nome deste festival de música independente xa foi soando máis aló das fronteiras da comarca e poida que este ano sexa o de tomar unha maior consciencia de que debe ser unha... Read More

Sereas e Piratas serán os protagonistas en Razo durante dous días

Membros da asociación 13 Lagartos e o alcalde presentaron o cartel do festival. A falta de dous meses escasos para o Festival Sereas e Piratas xa está case pechada a programación desta edición que terá lugar na praia de Razo os días 20 e 21 de xullo.  Onte presentouse o cartel deste ano, cuxa principal nova é a celebración de dous días consecutivos de concertos, cando nas edicións anteriores só era un. Isto explica o prezo da entrada.... Read More