O teatro será o rei na programación cultural de novembro en Cee

O teatro vai ser o principal protagonista dentro das actividades culturais programadas polo Concello de Cee para este mes de novembro. As representacións darán comezo a vindeira fin de semana posto que o sábado poderemos gozar de Laretadas, monólogo do actor Josito Porto; e o domingo será a quenda da escola Municipal de Teatro de Muxía coa obra O médico a paus. Non todo o teatro queda aí: ao domingo seguinte, será a Escola Municipal de Teatro... Read More

A Fundación Fernando Blanco recupera o espírito do filántropo coas bolsas de apoio aos máis desfavorecidos.

Chelo Trillo, Zaira Rodríguez e Darío Areas durante a presentación do programa da Fundación. A Fundación Fernando Blanco de Lema presentou esta semana as actividades que van desenvolver neste último trimestre do 2012 e durante todo o ano 2013. O conxunto destas actividades alcanza un custo de 26.250 euros dos cales o 80% son aportados pola Deputación da Coruña. Na presentación destas actividades estiveron presentes Chelo Trillo, directora... Read More

Comeza a XXV e última Mostra de Teatro de Cee

Como xa o anunciamos o pasado 8 de agosto, a Mostra de Teatro de Cee deste ano vai ser a definitiva. Deste xeito, Talía Teatro baixa a persiana nas vodas de prata do único evento deste tipo que había na Costa da Morte. As representacións comezarán o día 23 de agosto e prolongaranse ata o día 26, durante estes 4 días veremos pasar polos escenarios un total de 19 compañías que nos traerán 20 espectáculos. Como xa ocorreu en edicións anteriores... Read More