As comparsas de Piñata triunfan na Costa da Morte

Ademais dos numerosos enterros de sardiñas, percebe, Mikaela, Caietano e Farruco, o sábado foi día de concursos de Entroido na Costa da Morte. O último celebrouse en Baíñas, cita que conseguiu sorprender pola enorme cantidade de público e as ganas de festa dos seus asistentes. O lacón con grelos e as filloas non faltaron malia estarmos xa en tempos da coresma, e a troula continuou máis aló da medianoite. Houbo premios para disfraces individuais... Read More

Dous exércitos desfilaron polas rúas de Vimianzo no Entroido

Por terra, por mar, e, sobre todo, por aire, chegaron as comparsas da capital soneirá no seu día grande. O Luns de Entroido o protagonista é Vimianzo. Malia a chuvia e ser día laborable xuntouse bastante xente no desfile e aínda máis despois no pavillón, onde se tivo que realizar o concurso. O impresionante conxunto das Danzatecas marcou o paso do desfile ó son dos ritmos marciais da percusión. A comparsa vimiancesa representaba a un exército... Read More

Trubisquiña premia o outono vimiancés

Aínda non é tempo de castañas, pero xa se comeza a notar o outono no ambiente e na paisaxe. A asociación cultural Trubisquiña prepárase para a gran festa desta estación, o Magosto, e faino cun concurso de fotografía para menores de idade. Só se pode enviar unha fotografía por participante (tomada por el mesmo) e a temática debe ser o “Outono en Vimianzo”, enténdese que se pode fotografiar calquera recuncho do concello. Ademais,... Read More

Vimianzo vive as súas Festas de Verán con bingo e orquestras

Tardaron en chegar, pero as Festas do Verán vívense un ano máis en Vimianzo, na segunda fin de semana de agosto, cousa extraordinaria, xa que tradicionalmente se viña celebrando na primeira. Este ano non virá cantar ningún cantante ou grupo de sona ata a vila soneirá, pero si dúas orquestras de renome: a Ciclón e a Panorama. Ademais por primeiro ano haberá animación de rúa para nenos con pallasos e música. Prefestas Entre dous bares móntase... Read More

Vimianzo amosa o propio na Semana das Letras

O concello de Vimianzo aproveita a Semana das Letras pra facer unha mostra das escolas de teatro e música do concello, dentro ciclo do «noso mes das letras». O Día das Letras, xoves 17, os actores máis pequenos interpretarán ás 6 e media da tarde no Auditorio dúas obras que levan preparando todo o curso.  A primeira, da Escola de Vimianzo, será A gata con botas , un conto infantil revisado do que faltan algunhas páxinas do libro, polo... Read More