“Queremos impulsar aos grupos que non teñen a oportunidade de tocar noutro tipo de festivais”, Xabier Herranz, do Festival Solpor

Con motivo da celebración da primeira edición do Festival Solpor O Compás falou con Xabier Herranz, membro dun grupo de mozos pontecesáns que deciden poñer en marcha esta nova cita musical da Costa da Morte que terá lugar o próximo 19 de xullo en Ponteceso. Un festival que nace cunha idea clara: a de dar cabida aos grupos musicais da comarca. I edición do Solpor Ponteceso. Quen é a cabeza pensante deste festival e a que se debe a súa posta... Read More

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More

A praia de Razo soa desde hoxe a PopUp!

Hoxe comeza o PopUp!, festival que este ano celebra a súa primeira edición na praia carballesa de Razo. Parece que o tempo vai acompañar esta fin de semana. O sol recibirá na paraxe de Razo a todos os asistentes aos concertos, a cargo dun total de 12 artistas entre grupos e dj’s, repartidos nos tres días. Recordamos que a entrada é de balde o xoves e o venres, mentres que para entrar ao recinto o sábado custa 18 euros no despacho de billetes. En... Read More

Vimianzo vive as súas Festas de Verán con bingo e orquestras

Tardaron en chegar, pero as Festas do Verán vívense un ano máis en Vimianzo, na segunda fin de semana de agosto, cousa extraordinaria, xa que tradicionalmente se viña celebrando na primeira. Este ano non virá cantar ningún cantante ou grupo de sona ata a vila soneirá, pero si dúas orquestras de renome: a Ciclón e a Panorama. Ademais por primeiro ano haberá animación de rúa para nenos con pallasos e música. Prefestas Entre dous bares móntase... Read More

Carballo énchese de noites de cine durante o verán

Un total de 7 películas conforman Noites de cine, que este ano chega de novo ao concello de Carballo. Esta carteleira especial tráenos ao municipio películas entretidas, moitas delas recoñecidas con premios internacionais, para todos os públicos e, sobre todo, unha forma de asistir ao cine diferente. O cine ao aire libre agarda aos carballeses durante os meses de xullo e agosto. En Compás ofrecémosvos unha breve sinopse de cada filme para que... Read More

Semanas temáticas no verán vimiancés

O Concello de Vimianzo organiza preto de 30 actividades diferentes este verán. As máis próximas son as da Semana do Asalto, que conta con coloquios, contacontos, obradoiros, visita guiada ó Castelo e o primeiro torneo irmandiño de tiro con arco. Outra semana cargada de actividades é a das festas da vila, do 6 ó 13 de agosto. Clown, malabares, contacontos, e obradoiro de cestería para os máis pequenos. E falando de celebracións, a única... Read More

Ponteceso aposta polas actividades deportivas na natureza no seu Programa de Verán 2012

O concello de Ponteceso presenta un completo programa de verán para todos aqueles que queiran facer algo distinto, combinando cultura, deporte e natureza. Durante xullo e agosto atopamos actividades pensadas para nenos pero tamén para adultos, así como outras nas que se pode desfrutar en familia. Para inscribirse na maioría das actividades o prazo comeza o 21 de xuño (para aquelas que teñen lugar en xullo) ou o 16 de xullo (para as de agosto).... Read More

O Conco maila piscina municipal serán o escenario do verán en Dumbría

O centro cultural do Conco maila piscina municipal de Dumbría son os núcleos sobre os que xirarán as actividades organizadas polo concello para este verán. Os rapaces dumbrieses poderán gozar de xogos populares, deportivos e de mesa; obradoiros didácticos e manualidades; biblioteca e internet. Na piscina haberá cursos de iniciación e perfeccionamento de natación tanto para nenos como para adultos. Para unha maior comodidade, haberá servizo... Read More

Razo-Baldaio ou como namorei dunha praia

Que preto e que lonxe me parecía Baldaio. Aínda foi en setembro do ano pasado cando fun deixando pegadas sobre a area mollada dende Razo ata Baldaio. Non foi sen tempo, despois de tantos anos visitando estas dúas praias por separado. As chagas dos pés mereceron a pena. Cando sentes a liberdade de estar fronte a un enorme océano, respirando o seu ar, a súa brisa que percorre o teu corpo como o máis fermoso dos aloumiños. O sol, que tamén estaba... Read More