Un faro de cultura na Costa da Morte

Xa temos falado algunha vez do desaproveitamento das fermosas infraestruturas fareiras que temos na Costa da Morte como espazos para a cultura, e ao mesmo tempo tamén das dificultades que existen para que iso poida pasar actualmente. Excepto Fisterra, que conta cun punto de información turística no lugar, o Faro Vilán é o único faro habitado pola cultura. A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas vén realizando un... Read More

“O oficio do fareiro aínda segue a ser necesario” Pablo Ces, director de “Torreiros”

No confín das terras, cabos e illas a luz dos faros segue alumeando, malia que ninguén os controla xa. A visión romántica do solitario torreiro vivindo nestes inhóspitos lugares salvando as vidas dos mariñeiros cos seus sinais, quedou nos soños e imaxinacións dende que se eliminou o Corpo de Funcionarios dos Fareiros no 1993. Os faros e as súas vivendas foron quedando abandonados, algún está a quedar na mesma ruína. En toda esta situación... Read More