A “Vuelta” chega hoxe á fin do mundo

Os afeccionados ao ciclismo da Costa da Morte e tamén os curiosos levan tempo agardando a cita de hoxe. Por fin a Vuelta rematará no final de todos os camiños, na fin da terra. Este domingo, xa se adiantaron ducias de corredores que participaron na Marcha Cicloturista da Fin do Mundo. Foi unha ruta de 115 quilómetros que partiu do concello de Cee para ir ata Pino do Val, dende onde comezaron a trazar o mesmo percorrido polo que hoxe circulará... Read More

Dez razóns polas que rematar o verán na Costa da Morte

Parece que o verán xa foi aló, que as vacacións xa remataron, que toca volver ao traballo, á rutina… Nada diso! Aínda queda un mes para aproveitar esta estación, que está vindo inusualmente boa en Galicia. Así que vai cargando carburante no coche, prepara os mapas, busca aloxamento en A Coruña (http://www.trivago.es/a-coruna-provincia-335976/hotel) e escapa á fin da terra. Tes dez razóns para facelo! 1. Porque aínda quedan festivais. Un... Read More

A etapa da Fin do Mundo

Dende o centro de Galicia ata a fin do mundo. Así de simbólica se presenta a cuarta etapa da Vuelta Ciclista a España 2013, que por segundo ano consecutivo chega á Costa da Morte. O martes 27 de agosto a serpe multicor sairá de Lalín e entrará na Costa da Morte subindo ó Mirador do Ézaro, un dos lugares máis espectaculares da última edición da Vuelta, que abraiou ós organizadores e que ademais quedou marcada coma unha das metas máis... Read More

Fisterra, fin de etapa da Vuelta

No Compás xa adiantabamos en outubro os ruxe-ruxe sobre que a Vuelta volvería pasar pola Costa da Morte, e parece ser que se confirma. Fisterra será a meta dunha etapa que sairá de Lalín, do centro do país cara a fin da terra. Polo menos é o que asegura o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, xa que polo momento os organizadores da Vuelta non teñen confirmado o percorrido. O que parece seguro é que a serpe multicor pasará... Read More

A “Vuelta Ciclista a España” volverá pasar pola Costa da Morte

O Faro Fisterra /Foto: Manuel Rial/ O ano pasado a sorte tívoa o miradoiro do Ézaro e este ano tócalle a quenda ao cabo Fisterra, que albergará o fin da terceira etapa da Vuelta Ciclista a España 2013. Deste xeito o Fin da Terra e tamén o Fin do camiño Xacobeo será por un día centro neurálxico do ciclismo. Ademais de Fisterra tamén saíu afortunada Camariñas, onde dará comezo a cuarta etapa que remata en Santiago de Compostela. O bo acollemento... Read More

O Olimpo Celta acolleu ós deuses do ciclismo -Fotogalería-

O miradoiro do Ézaro estaba completamente irrecoñecible. Milleiros de persoas ateigaban as subidas xa dende pola mañá cedo. O seguimento da Costa da Morte á Vuelta Ciclista foi espectacular, tanto que moitas persoas tiveron problemas para acceder ó miradoiro, malia achegárense polos lugares recomendados. Tamén foi retransmitido en directo a 145 países, unha boa ocasión para a reclamación de que o Monte Pindo sexa declarado Parque Natural.... Read More