Sol, mar, música e maxia de verán no Sereas e Piratas

O cambio de data do Sereas e Piratas supuxo que os festivaleiros da zona despedisen este ano o verán en Razo. O sol fixo presenza na fin de semana e o sábado había unha temperatura agradable para aproveitar os últimos raios para broncearse mentres se gozaba con música en directo nunha terraza ao aire libre. Esa foi a aposta da Asociación Rebeldía, que organizou unha sesión vermú sen carpa para que os asistentes desfrutaran máis aínda contemplando... Read More

“As ganas coas que realizamos este proxecto seguen sendo as mesmas oito anos despois” Bea Fernández, organizadora do Sereas e Piratas

Os albaceteños Chucho, 0s vigueses Wild Balbina, os carballeses Franc3s e Holycrab, así como Músculo! e 4 Waves desde Vilagarcía forman o cartel da oitava edición do Festival Sereas e Piratas que se celebra en Razo (Carballo) o próximo sábado. Fieis á súa aposta polos grupos do país conseguiron sacar adiante un ano máis esta cita coa música independente. Falamos con Bea Fernández, pertencente á Asociación Rebeldía encargada de organizar... Read More

As sereas e os piratas teñen unha nova cita na praia de Razo

Finalmente, o sábado 31 de agosto vaise celebrar en Razo (Carballo) o festival Sereas e Piratas. Trala súa suspensión debido ao accidente de tren de Santiago, os organizadores decidiron seguir traballando para buscar nova data. Así, o último sábado de agosto o cartel permanece igual, coa mesma programación musical e deportiva. Coa deste 2013 que finalmente se vai celebrar xa van oito edicións desta cita coa música independente nacional.... Read More

As sereas e os piratas teñen unha nova cita na praia de Razo

O sábado celébrase en Razo (Carballo) o festival Sereas e Piratas. Xa van, con esta, oito edicións desta cita coa música independente nacional. Posto en marcha pola Asociación Rebeldía, o sábado volve ás súas orixes apostando por grupos galegos e tamén cun cabeza de cartel de relevancia nacional. Falamos da banda Chucho, que volven aos escenarios precisamente tras oito anos fóra dos mesmos. Xunto a eles estarán 4 Waves, que amenizarán... Read More