Manuel Rial

MANUEL RIAL SANTOS

manuel rial compas


(Basilea-Suíza, 1989)

Meus pais nunca entenderon por que perdo tanto tempo examinando mapas, buscando mámoas e camiñando polo monte, pero é a miña paixón, xunto ao teatro e ao xornalismo, temas que combinei como puiden durante catro anos entre a Universidade de Compostela e a escola Espazo Aberto.

Cheguei á radio de casualidade, despois dun breve tempo de televisión, e aquí quedei. Pasei pola Radio Galega e agora dirixo a programación da Costa da Morte en RadioVoz Bergantiños, xunto con outro Manuel. Nova casualidade!

Na miña cabeza pouco espazo queda para máis cousas que escapen da terra que hai entre os cabos Fisterra e Santo Hadrián. Pero sempre hai un favorito, o meu corasón bate ao son do seseo vimiansés, e o sanque tira cara onde tira…

ALGO DO QUE ESCRIBO

A pegada de Man continúa.

- “Eu son contestataria dende que nacín. Á xente igual lle sorprende. Á mina nai, non.” Entrevista a Sés.

- Viaxes no tempo de balde no castro de Niñóns. 

- Borneiro, terra de castelos e pedras.

- Tres dolmens a pé dende Vimianzo.

- Os trinta anos da Carballeira máis solemne.

- Cee aínda é bonito. 

- A aldea que vixía o mar.

- Buscando a Grandimirus.

NOUTROS LUGARES

radio voz bergantiños

Podcasts dos programas de Voces de Bergantiños. En Radio Voz.

-

 

patrimonio galego

Perfil en patrimoniogalego.net

Comentarios cerrados.

Deixar un comentario