Costras

Marchamos

A piques de cumprir os tres anos de “vida” chegou o momento de parar este compás e dicir o “adeus” ao que sempre nos negamos. A despedida é triste. Os adeuses sempre o son… O Compás xurdiu con moita ilusión para comunicar a axenda e a cultura da Costa da Morte. O noso obxectivo era […]

O VIII Congreso Galego de Ornitoloxía fala hoxe das iniciativas de turismo ornitolóxico, cunha saída á enseada da Ínsua.

IMG_6823

Fotogalería “Derrubando muros con pintura”

Con esta galería fotográfica convidámoste a percorrer o “museo” de arte urbana no que se converteu Carballo durante este 2014. E tamén podes ler, se aínda non o fixeches, o artigo que xa publicamos en marzo sobre o proxecto Derrubando muros con pintura.  Até agora, son 17 murais repartidos pola vila coa participación doutros tantos autores, que […]

DESTACA

Concertos que souberon a pouco en Valarés

O sol, esta vez si, fixo acto de presenza na praia de Balarés. Quizais por iso os festivaleiros foron máis madrugadores. Unha xornada musical desde a praia para aqueles que non quixeron desaproveitar un dos poucos días de bo tempo. Por certo, foi o único festival no que non choveu esta temporada? Pero non só […]

NOVEDADES CARMINHA 2

“O rock and roll é para divertirse, e iso é o que vai pasar en Laxe”, Novedades Carminha

Novedades Carminha son Adrián ao baixo, Carlos á guitarra e Xavi á batería. Agochados tras un curioso nome que xorde no ano 2007 en homenaxe a “Carminha e á súa tenda de novidades en lencería cor carne en Santiago de Compostela”, forman unha das bandas de rock and roll de máis proxección a nivel estatal. […]

fstivais_agosto

Agosto musical: Carballeira, Sereas e Piratas, Marea e Valarés

Despois dun mes bailando sen parar en romarías, sesións vermú, verbenas e festivais, no Compás aínda nos quedan folgos para recomendarvos unhas cantas citas no mes de agosto. Velaquí unha selección de festivais de música da Costa da Morte para todos os gustos: folk, rock, pop, indie e ata punk. Pasen, lean, escoiten e escollan. […]

portada seivane

“Sen que soe nada raro, nacín con dúas mans, dúas pernas e unha gaita” Susana Seivane, no Asalto ao Castelo

Desde Os soños que volven (2009) os seareiros de Susana Seivane esperan ansiosos un novo álbum que poder gozar da recoñecida gaiteira. Ben seguro que moitos deles visitarán hoxe Vimianzo, xa que Susana Seivane é unha pezas clave no programa do XIX Asalto ao Castelo. A partir das dúas da madrugada terá a ocasión de refrescar a […]

Samaruas abrirá a noite de concertos.

“O Asalto é para nós unha oportunidade de luxo para amosar a nosa música” Samarúas

Aos rapaces do Samarúas non lles chegan as horas de ensaio durante esta semana. De feito contestaron ás preguntas cos instrumentos aínda na man no medio das probas. Os nervios son moitos, pero as ganas tamén. Son máis dun sesenta por cento Costa da Morte, polo que o Asalto non lles é alleo. É máis […]