Quen somos?

benvido

Detrás do Compás atópase un grupo de novos comunicadores de diferentes vilas da Costa da Morte (concretamente de Carballo, Baio, Vimianzo e Muxía) co obxectivo de facer unha revista dixital que amose que si existe cultura nesta terra. A redacción está formada de norte a sur por Paula Vázquez, Noelia Antelo, Beatriz Romero, Manuel Rial e Alberto Pose; ademais da axuda técnica e do deseño de Roi P. Vila. Facemos reportaxes de eventos culturais, deportivos, paisaxes ou tradicións pouco coñecidas. Tamén nos encargamos de promover as actividades que organizan os concellos, asociacións e entidades culturais da costa.

Detrás de nós non se atopa ningún tipo de entidade nin política nin empresarial. Só a iniciativa creadora de 6 mozas e mozos preocupados polo desenvolvemento cultural da zona.

A responsabilidade e o entusiasmo son dobres. Por unha parte quixemos ser impecablemente rigurosos nos tempos e na calidade xornalística. Pola outra, respectar todas as áreas evitando limitarnos a ser unha axenda estrictamente cultural.

En resumo, O Compás é lecer, deporte, natureza, patrimonio, gastronomía, literatura, teatro, danza, música, museos, arte e cinema. En definitiva, O Compás é cultura. Somos o teu guía para marcar o tempo desta terra. O compás, tamén, de todos os concellos, asociacións e persoas que procuran día a día que a cultura non morra na Costa.

 Noelia Antelo 

Alberto Pose

Manuel Rial

Paula Vázquez

Beatriz Romero

Comentarios
2 Respostas a “Quen somos?”
  1. Diana di:

    Noraboa polo voso traballo! Dá moito moito gusto lervos, mellorádesvos cada día! Moito ánimo e mantede ese entusiasmo e o gusto pola imparcialidade e a boa calidade nos vosos artigos.

Deixar un comentario